Visitas

Benvidos a fishingwithalvaro


counter




miércoles 11 de noviembre de 2009

II Xornada Miguelpesca en Rois







miércoles 4 de noviembre de 2009

Salmóns ilegais en Ximonde-Río Ulla

Sorprendente noticia sacada da páxina http://www.miguelpesca.com/ :
Días atrás a gardería realizaba o seguimento de varios salmóns por radio-tracking no río Ulla. O Domingo 25 de Outubro, unha señal conduciunos a un baixo utilizado por un restaurante como almacén e despensa con varios conxeladores. O denunciado, Lino Martín, afirma que catro gardas o chamaron por teléfono para que se persoe na porta do baixo. Alí, segundo o denunciado, indícáronlle que tiñan que entrar porque o aparato estaba sinalando que dentro había un salmón. Os gardas e o denunciado entraron no baixo, e nun dos conxeladores atoparon dous salmóns: o sinalado polo transmisor e outro máis. O denunciado di que os salmóns foron suministrados por un peón do Centro Ictioxénico de Ximonde, J. G. Rego, irmán dun dos gardas denunciantes, M. G. Rego.
Maís detalles na páxina indicada arriba.

viernes 30 de octubre de 2009

Finou o maestro Rafael del Pozo

O pasado día 24 de Outubro, finou o maestro da pesca a mosca, Rafael del Pozo Obeso, nun accidente de tráfico en La Habana (Cuba). Rafael, foi durante varios anos asesor de pesca do programa de Televisíon Española, Jara y Sedal, e posteriormente Director Técnico da revista Jara y Sedal Pesca. Foi, ademáis escritor, productor e director de vídeos de pesca.
O seu libro Moscas para la pesca (Editorial Everest) e os vídeos-documentais La pesca con mosca artificial e Truchas y Salmones de mi tierra (Arce Producciones), son dúas referencias moi importantes para min.
Descanse en Paz.

martes 13 de octubre de 2009

Final da temporada de salmónidos en Galicia

Remaou a temporada de salmónidos 2009 en Galicia e como conclusión, primeiramente subxectiva, como "amago de pescador" e asiduo visitante dalgúns cursos fluviais galegos (principalmente da provincia da Coruña); teño que dicir que, non foi unha boa temporada. Collín menos troitas que o ano pasado e enganei algún que outro reo no sen morte do Mero (tampouco me deu os bos resultados do ano pasado, tanto en reos como en troitas). O meu querido Xallas tampouco o vin ben, polo menos a onde vou eu. Se podo, a temporada que ven, tentarei ir ó couto sen morte Xallas-Beba, a ver que tal se me dá.

Por outra banda, de forma obxectiva e atendendo ós datos da Xunta, en canto ás capturas de reo e salmón; pódese dicir que o panorama non dá señais de mellorar. En canto ó salmón (Véxase cadro da publicación deste blog do 12 de Setembro), o Eo e o Masma están en decadencia, o Mandeo vai cumplindo co seu cupo de 5. O Ulla quedou a 20 salmóns do cupo de 50 que se acadou o ano pasado e o Lérez e o Miño quédanse en 9 capturas entre ámbolos dous. 74 salmóns capturados de forma oficial en 6 ríos galegos. De pena...
As capturas oficiais de reo disminuíron en 225 en referencia ás do ano 2008, pero son mellores que as dos anos 2005, 2006 e 2007: de 1.943 en 2008 pasouse a 1.718 no 2009 (véxase o cadro de abaixo). A provincia con máis capturas foi A Coruña, e os ríos con mellores cifras foron o Mandeo con 382 reos, Tambre con 260 (401 en 2008), Xubia con 253 (prácticamente nas mesmas cifras da temporada pasada), o Sor con 243 (218 en 2008) e o Grande de Baio 222 (363 en 2008). Destaca a melloría do Anllóns, con 31 reos máis que 2008 (95 reos), e a do Eume (de 43 a 96 reos), despois da catástrofe do Chamoselo, o ano pasado. O Ulla baixou (de 186 a 62) ó igual que o Landro (de 92 a 53).

A plaga de verquidos segue a defenestrar km. de tramos de ríos: Verdugo, Sar, o Ulla en Monterroso, Manzanillo, Bendimón, etc. E cos pepeiros, volta a manipulación, a permisividade e ineptitude (como non podía ser doutra maneira...). Se non, como se pode afirmar que un tramo de río esquilmado por un verquido dende unha depuradora, esté dous días despois "recuperado"...? Iberdrola que siga facendo o que lle pete e desecando tramos do río Sil, non pasa nada, como é competencia da Confederación hidrográfica Miño-Sil, pois nada, a Xunta de Feijoó pasa de todo neno! Como se lles ve o plumeiro... O mundo vai para adiante, pero aquí en Galicia "avanzamos" cara atrás: "AEMS-Ríos con vida" consegue facer un tramo libre sen morte no Río Miño en Rábade, e ó ano seguinte, uns "galeguiños de detrás da silveira", co alcalde do pobo á cabeza, queren xuntar firmas para que o tramo en cuestión volte ser tradicional, con morte. Manda chover na Habana...

En fin... Nunca haberá nada bo que contar?



sábado 12 de septiembre de 2009

Salmóns capturados e reos guiados en Galicia no 2009 Act. 01-08-09 e 06-09-09 respectivamente



Despois de solventar uns pequenos problemas, publico as actualizacións do número de reos guiados e dos Salmón capturados nesta temporada. Obsérvense os pobres resultados destes últimos coa temporada rematada o 31 de Xullo de 2009. Os números falan por eles mesmos.



















miércoles 8 de julio de 2009

Salmóns capturados e reos guiados en Galicia no 2009 Act. 06-07-09


Pinchar nos cadros para velos


jueves 2 de julio de 2009

Salmóns capturados e reos guiados en Galicia no 2009 Act. 29-06-09


Pinchar nos cadros para velos